logo - branco letras.png

M I C R O S P E C T I V E S    O F   A    M I L L E N N I A L    Q U E E R 

Captura de pantalla 2020-11-04 a las 20.

DIRECCIÓN

Vanesa Sotelo

IDEA ORIXINAL

Davide González 

DRAMATURXIA

Vanesa Sotelo/Davide González 

INTERPRETACIÓN

Davide González

ILUMINACIÓN

Laura Iturralde
ESPAZO ESCÉNICO

Carlos Alonso 

INDUMENTARIA

Carlos Alonso/Davide González

SONOPLASTIA

Davide González

VÍDEO EN ESCENA

Laura Iturralde

FOTOGRAFÍA

Laura Iturralde/Lucía Estévez 

VÍDEO PROMOCIONAL

Lucía Estévez
VOZ EN OFF

Eduardo Cunha-“Tatán”

Microspectives of a millennial queer  is a project supported by the RPM Collective within the Paradise Residences 2019.

Microspectivas dun marica millennial é un proxecto apoiado polo Colectivo RPM dentro das III  Residencias Paraíso 2019

e coproducido polo Centro Dramático Galego.

 

Microspectivas dun Marica Millennial é un espectáculo íntimo e cargado de poesía desde o que cuestionar certezas impostas que predestinan a construcción da identidade. A partir da música e as artes do movemento, MMM ofrece un espazo de transo no que redescubrir as raíces e refundar o presente. Coa reivindicación da propia identidade e a memoria como principal motor para a toma de consciencia e como impulso creador, o resultado da peza é unha viaxe sensorial que camiña polos lindes da performance, a instalación, a música, as artes do movemento e a creación escénica contemporánea.

Cartaz: Lucía Estévez

PREMIOS 2 MARIA CASARES.jpg

Texto da directora sobre o espectáculo 

Microspectivas dun marica millenial é unha retrospectiva; unha viaxe fascinante á intimidade dunha marica galaica. Memoria e historia son as grandes ideas que guiaron tanto o proceso como o resultado final do proxecto. Precisamente, foi a memoria das accións, dos movementos, da música e das imaxes da infancia de Davide González a que permitiu xerar o material que acabou por transformarse en escena nunha toma de consciencia e na reivindicación do propio. O título do espectáculo condensa os elementos sobre os que se constrúe: microspectivas-deconstrución, marica-identidade e millennial-perspectiva histórica. Así, a palabra ‘microspectiva’ contén a idea de xogo e do poder de (re)inventar as palabras para conseguir mudar a perspectiva sobre o mundo. Ademais, o feito de substituír ‘retrospectiva’ por ‘microspectiva’ permitía manter a idea de viaxe no tempo que nos interesaba á vez que colocaba o foco sobre o pequeno, sobre o detalle, sobre o local e o individual. Despois de todo, o local é global e os pequenos xestos individuais poden traer grandes repercusións colectivas. Por outra parte, a palabra ‘marica’ concentraba a vontade de facer visible unha identidade perseguida, de (des)estigmatizar unha forma de construírse en relación cos demais e de ofrecer referentes á hora de revisar e contar a(s) Historia(s). Finalmente, a palabra ‘millennial’ permitiunos pensar a época e deu xogo á hora de ampliar o percorrido histórico de ‘adiante atrás’ que propón a retrospectiva. Deste modo, entre a pasaxe biográfica e a cita histórica, combinando e apelando a diversas xeracións, a peza lanza unha mirada do presente cara ao pasado para entender a razón de ser da sociedade actual pero tamén do futuro sobre o presente para desafiarnos a pensar que modelo de sociedade queremos construír. Por último, asistir á Microspectivas dun Marica Millennial é un convite para compartir a intimidade colectiva a través da acción escénica (vital e política) de Davide González que a iluminación de Laura Iturralde e o espazo de Carlos Alonso abrigan nun dispositivo escénico compacto, resultado dun proceso horizontal. Ese era outro dos desafíos:

difuminar as barreiras á hora de facer e crear un terreo de liberdade.

Captura de pantalla 2021-10-21 a las 10.57.33.png

Unidade Didáctica.

As persoas interesadas en compartir este traballo na aula poden contactar coa compañía a través do mail. 

C A L E N D A R I O


-2022-
. 25 de Novembro de 2022- Microspectivas dun Marica Millennial- Culleredo.
. 15 de Outubro de 2022- Microspectivas dun Marica Millennial- Oleiros. 
. 28 de Xuño de 2022- Microspectivas dun Marica Millennial- Ourense.
. 04 de Marzo de 2022- Microspectivas dun Marica Millennial- Arteixo. 


-2021-
. 29 de Setembro de 2021- Microspectivas dun Marica Millennial- Cine Teatro Garret.
Póvoa do Varzim. 
Portugal
. 26 de Xuño de 2021- Microspectivas dun Marica Millennial- Vilalba.
. 13 de Xuño de 2021- Microspectivas dun Marica Millennial - Sala Ártika- Vigo.
. 12 de Xuño de 2021- Microspectivas dun Marica Millennial - Sala Ártika- Vigo.
. 11 de Xuño de 2021- Microspectivas dun Marica Millennial - Sala Ártika- Vigo.
. 8,9,10 de Xuño de 2021- Obradoiro: A creación do anticorpo - Sala Ártika- Vigo.
. 8 de Xuño de 2021- Microspectivas dun Marica Millennial- Galicia Escena Pro-
Salón Teatro. Santiago de Compostela.



-2020-
. 10 de Outubro de 2020 -  -
Microspectivas dun Marica Millennial-Festival CORUFEST-
Espazo Ágora. A Coruña.
. 03 de Outubro de 2020 -
Microspectivas dun Marica Millennial- Auditorio municipal de Cangas.
. 10 de Xullo de 2020 -
Microspectivas dun Marica Millennial- Festival USCénica- Salón Teatro. Santiago de Compostela.
. 20 d
e X
uño de 2020 - Microspectivas dun Marica Millennial- Sala Ingrávida- O Porriño.
. 19 de Xuño de 2020 -
Microspectivas dun Marica Millennial- Sala Ingrávida- O Porriño.